lunes, 16 de febrero de 2015

DESFILE ENTROIDO 2015

Xa temos todas as fotos do desfile¡¡¡¡¡ Nelas podedes ver as nosas carrozas, onde aparecen representadas de maneira maxistral, os horreos galegos, unha horta cun gran espantallo que non era outro que o noso primeiro logo "o Panxeolo" reconvertido en espantallo e un bosque no que as flores xiran, as leitugas móvense, un coello aparece e desaparece... e todo gracias aos automatismos que puxeron en práctica os alumnos e alumnas na materia de Tecnoloxía. Cada clase foi disfrazada dunha froita ou verdura da nosa horta, así no noso desfile había berenxenas, tomates, cebolas, allos, guisantes, leitugas, zanahorias e tamén como non podía ser menos animais relacionados coa horta, cabalos, ovellas, vacas, .........

Dende aquí queremos dar as grazas ao equipo de profesorado pola súa dedicación fora da súa xornada de traballo á preparación deste maravilloso día, ao alumnado que non dubidou en colaborar co profesorado e as familias que no obradoiro de disfraces traballaron durante semanas encargandose da confección dos traxes, tampouco podemos esquecer ao alumnado de 4º da ESO encargado da seguridade no desfile pola ben que o fixeron animando, coidando e vixiando aos mais pequenos.

Nesta entrada non podo esquecerme de dar as grazas ao alma mater de todo este proceso, Casto Antonio o noso Xefe de Estudos de Secundaria e Profesor de Música que sen a súa dedicación esta xornada non se celebraría-

GRAZAS A TODOS E TODAS



pastora Astray de SlidelyGallery by Slidely Photo Gallery

ENTROIDO 2015: PREPARACIÓN

Como non podía ser de outra maneira, a nosa festa de entroido tiña que estar relacionada co noso proxecto "DA HORTA AO PRATO" aquí podedes ver os preparativos desta gran festa, na aula de Tecnoloxía alumnado e profesorado traballaron sen parar dende xaneiro para poder realizar o desfile que temos previsto para o día 12 de febreiro.
pastora Astray de Slidely by Slidely Slideshow