miércoles, 25 de marzo de 2015

LER CIENCIA

 
http://www.clubkirico.com/wp-content/uploads/2015/03/guia_leer-ciencia_web.pdf 
 A ilustración é de Juanvi Sánchez

NO blog SOÑANDO CUENTOS informannos de que O ClubKiriko  acaba de publicar unha selección de libros en formato pdf titulada: Ler a Ciencia, onde recolleron un conxunto de libros infantís e xuvenís informativos sobre ciencia.
 
O obxecto destas seleccións é contribuír á difusión dos libros para nenos en contextos variados e sobre todo, mostrar a potencialidade destes libros para contribuír á aficción dos nenos pola lectura. Así que se vos parece interesante, vos animamos a botarlle unha ollada a estas interesantes recomendacións de libros para traballar a ciencia co voso alumnado.

Para descargar A GUIA DO documento, pica na seguinte imaxe:

http://www.clubkirico.com/wp-content/uploads/2015/03/guia_leer-ciencia_web.pdf

OS PORQUÉS DA NATUREZA

Os Porqués da Natureza é unha revista dixital que trata de divulgar a ciencia nunha linguaxe apta para todos os públicos.

Máis webs de Ciencia en
Os seus creadores son 5 mozos do ámbito universitario andaluz que lograron implicar a máis de medio centenar de colaboradores para dar a coñecer os últimos achados científicos internacionais, con rigor pero dunha forma comprensible.

Os seus obxectivos
  • Que todos entendamos os porqués do mundo que nos rodea
  • Sacar a ciencia das aulas e os laboratorios para levala á rúa
Seccións
Blog
Dinosauros
Especies insólitas
Minerais
Miniporqués
Paisaxes
Entrevistas
Opinión
Multimedia
Enlaces
En Twitter @PorquesNatura
En Google +
En Facebook


FUENTE:  Crea y Aprende con Laura

jueves, 12 de marzo de 2015

DEUSES E HORTO ESCOLAR

Esta semana o alumnado de 1º  de ESO estivo inmersos no mundo dos deuses e os personaxes mitolóxicos. Como traballo final crearon os seus propios para que poidan axudar cos seus atributos nas hortas do noso planeta.

.

8 de marzo: MULLER, CIENCIA E AGRICULTURA II

A continuación podedes ver a interpretación que o alumnado de 4º de primaria fixo da conferencia impartida no centro o Día Internacional da Muller Traballadora:
 

8 de marzo: MULLER, CIENCIA E AGRICULTURA



Un ano mais celebramos no CPI de Panxón, o día da Muller Traballadora e como non podía ser doutra maneira tratamos de relacionalo co proxecto deste curso "Da horta ao prato", polo que nos puxemos en contacto coa Misión biolóxica de galicia/CSIC, a resposta foi moi positiva e enviaron a dúas científicas para dar unha conferencia ao noso alumnado.

Comezaron falando da importancia que a muller ten no mundo laboral e as dificultades que pode atopar para conciliar a vida familiar e laboral, despois fixeron unha pequena introducción na que nos presentaron a mulleres científicas na historia, como Sofhie Germán, Marie Curie, Lynn Margulis...etc e despois contaronnos en que consistía o seu traballo na Misión biolóxica:

- Existen 5 departamentos

   1.-  Bioloxía de Agrosistemas
   2.-  Bioquímica da vide
   3.- Xenética, mellora e bioquímica de brásicas
   4.-  Xenética e ecoloxía forestal
   5.-  Xenética e mellora de maíz
   6.-   Viticultura

As dúas científicas Tamara e Rosaura traballan no Departamento de brásicas (hortalizas e verduras) e o seu traballo consiste en investigar sobre a mellora dos cultivos para que estes sexan mais productivose e se adapten as diferentes condicións ambientais, tamén fan traballos de campo.

O mellor de todo foi que ao final moitos dos nosos alumnos/as querían ser investigadores/as agrícolas, xa que elas foron capaces de transmitirnos a súa ilusión pola ciencia e as gañas de descubrir cousas e saber para que serven.

Aprendemos tamén a importancia para o traballo da ACTITUDE COLABORADORA E SOLIDARIA

GRAZAS POLAS VOSAS ENSINANZAS