jueves, 12 de marzo de 2015

8 de marzo: MULLER, CIENCIA E AGRICULTURA



Un ano mais celebramos no CPI de Panxón, o día da Muller Traballadora e como non podía ser doutra maneira tratamos de relacionalo co proxecto deste curso "Da horta ao prato", polo que nos puxemos en contacto coa Misión biolóxica de galicia/CSIC, a resposta foi moi positiva e enviaron a dúas científicas para dar unha conferencia ao noso alumnado.

Comezaron falando da importancia que a muller ten no mundo laboral e as dificultades que pode atopar para conciliar a vida familiar e laboral, despois fixeron unha pequena introducción na que nos presentaron a mulleres científicas na historia, como Sofhie Germán, Marie Curie, Lynn Margulis...etc e despois contaronnos en que consistía o seu traballo na Misión biolóxica:

- Existen 5 departamentos

   1.-  Bioloxía de Agrosistemas
   2.-  Bioquímica da vide
   3.- Xenética, mellora e bioquímica de brásicas
   4.-  Xenética e ecoloxía forestal
   5.-  Xenética e mellora de maíz
   6.-   Viticultura

As dúas científicas Tamara e Rosaura traballan no Departamento de brásicas (hortalizas e verduras) e o seu traballo consiste en investigar sobre a mellora dos cultivos para que estes sexan mais productivose e se adapten as diferentes condicións ambientais, tamén fan traballos de campo.

O mellor de todo foi que ao final moitos dos nosos alumnos/as querían ser investigadores/as agrícolas, xa que elas foron capaces de transmitirnos a súa ilusión pola ciencia e as gañas de descubrir cousas e saber para que serven.

Aprendemos tamén a importancia para o traballo da ACTITUDE COLABORADORA E SOLIDARIA

GRAZAS POLAS VOSAS ENSINANZAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario