lunes, 27 de abril de 2015

DÍA DA TERRA: GUERREIROS PACÍFICOS DA NATUREZA

Nun proxecto como o deste ano non podíamos esquecernos de celebar o día da terra e fixémolo coa activiidade “Guerreiros pacíficos da natureza” impartida por Lidia Rojo. Empezamos cun conto “O home que plantaba árbores” de Jean Giono na biblioteca. Un libro que fala da xenerosidade humana sen límites. Do respecto á natureza, da aposta pola vida e do amor á terra e a todo o que dela pode agromar. Despois maquillamos aos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria para caracterizalos de verdadeiros guerreiros e saímos ao patio do colexio para lanzar as bombas de sementes (semillas de flores silvestres, barro, terra e auga) no xardín que temos ao lado do noso “Punto Limpo”.





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario