martes, 28 de abril de 2015

OBRADOIRO BOMBAS DE SEMENTES

O obradoiro consistiu en dúas fases: 
Na primeira xornada falamos das bombas de sementes: de qué están compostas, a súas utilidades e beneficios. 

A continuación os nenos/as fabricaron varias bombas de sementes segundo as indicacións que deixaron a secar para a súa utilización nunha segunda xornada.

2. A segunda xornada (a principios de primavera) e coa ocasión d ecelebrar o día da terra, fixemos un conta contos e espallamos as bombas polo xardín do colexio.

De forma ordenada e á orde... lanzaron s bombas de sementes!!!

Bombardeamos o chan ata enchelo de explosións verdes.

A sementes usadas foron todas autóctonas


FACENDO AS BOMBAS


BOMBAS FEITAS

PINTÁMONOS COMO GUERREIROS

LANZAMOS AS BOMBAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario